Inicio Entidade Instalacións Seccións Novas Eventos Onde estamos Contactar
Entidade
QUE FACEMOS
O Liceo Casino é una entidade sen ánimo de lucro, que naceu como consecuencia da fusión de tres sociedades de Vilagarcía de Arousa, como eran o Liceo Marítimo, o Casino e o Club de Mar.

Os fins que constitúen esta sociedade son de carácter cultural, deportivo, recreativo, benéfico e de cooperación social, tales como a organización de actos e presentacións de carácter cultural e a promoción e a práctica da cultura física e do deporte.

Ademáis de proporcionar ós socios e ós seus beneficiarios aqueles recreos e esparcementos cuia prestación esixen a convivencia social e a compensación do traballo.

A nosa sociedade colabora cos Organismos oficiais na prestación de servizos dedicados á atracción do turismo, na organización de festexos públicos, actos benéficos e todo aquilo que beneficie a comunidade.

Tamén fomenta a integración social prestando especial atención á participación de aquelas persoas con necesidades especiais, maiores, minusválidos ou en situación de precariedade.

As nosas instalacións albergan salas de xogo, de conferencia e de exposición para pintura, escultura e fotografía ás que habitualmente acoden gran infinidade de socios.

O Liceo Casino leva a cabo as actividades deportivas de Atletismo, Baloncesto, Tenis de Mesa, Pesca Deportiva, Piragüismo e Vela, obtendo grandes éxitos nas distintas seccións grazas ós mellores equipos de competición integrados por grandes deportistas de élite. Ademáis de contar con campións galegos e nacionais nas distintas modalidades os cales participan en competicións internacionais nos equipos nacionais.

E actividades culturais coas seguintes agrupacións o coro infantil, a coral e a Orquesta de Pulso e Púa “Arousa”.

Calendario de eventos e
competicións
Como facerse
socio
Como chegar PATROCINADORES
Inicio Entidade Instalacións Seccións Novas Eventos Onde estamos Contactar