| O novo Porto Deportivo de Vilagarcía,
que terá unha primeira fase activa en verán
do ano 2010, será o porto deportivo máis moderno
da ría de Arousa, e con 513 amarres colocará
a Vilagarcía como unha cidade punteira e á súa
vez privilexiada no turismo náutico.
A posibilidade de acoller todo tipo de embarcacións,
(incluídos megaiates), fai que as dársenas
2 e 3 se convertan na mellor arma para o fomento do turismo,
abrindo ademais a zona portuaria do Cavadelo á cidade,
con servizos agrupados como piscina, ximnasio, spa, gardaría,
pista de pádel, etc., habilitando unha rampla de
servizo ao Centro Galego de Tecnificación de Vela
e unificando polo tanto Porto e cidade.
A presenza da sede do Liceo Casino nesta zona portuaria
trasladará a súa actividade social e deportiva
a este centro, e polo tanto a actividade das seccións
de atletismo, baloncesto, piragüismo, tenis de mesa
e vela, cun contido de categorías base e de competición
adulta próxima ás 400 persoas. Así
como as súas actividades culturais e as actividades
de ocio das 3.000 persoas que agora mesmo forman parte desta
sociedade.
|