| Os Liceos e Casinos son entidades tradicionais en España,
moitas con máis de 100 anos de antigüidade, que
durante décadas dedicáronse a dar cobertura social
ás actividades recreativas da cultura española.
O Liceo Casino de Vilagarcía reúne os requisitos
deste tipo de entidades, e leva 105 anos sendo a institución
social de referencia en Vilagarcía. É o resultado
da fusión do Liceo Marítimo, fundado en 1904
e do Casino de Vilagarcía, fundado en 1902, e da
absorción do Club de Mar, fundado en 1954.
Ao mesmo tempo, é unha entidade moderna, en pleno
proceso de profesionalización e cun brillante futuro
grazas á concesión por parte da Autoridade
Portuaria de Vilagarcía das dársenas 2 e 3
e a zona de terra do Cavadelo para construír o novo
Porto Deportivo de Vilagarcía e a súa nova
sede social, que inclúe piscina, ximnasio, spa, pista
de padel, gardaría, salóns sociais e mesmo
un pavillón multiúsos.
Esta entidade sen ánimo de lucro naceu cunha clara
vocación deportiva, cultural e social, e na actualidade
son máis de 1.200 familias as que conforman a súa
masa social, procedentes na súa maioría do
núcleo urbano da cidade.
As súas instalacións albergan salas de xogos,
de conferencias, exposicións, teatro, instalacións
náutico-deportivas, almacéns, oficinas, cafetarías...
e dan cabida a múltiples actividades deportivas:
atletismo, baloncesto, tenis de mesa, piragüismo, vela,
pesca; culturais: teatro, exposicións, monicreques,
o certame audiovisual máis antigo de Galicia; e sociais:
torneos, bailes, etc., sendo, como xa se mencionou, a asociación
deportiva e cultural máis activa de cantas operan
en Vilagarcía.
|