| a)
Proporcionar aos socios e aos seus beneficiarios
aqueles recreos e esparexementos cuxa prestación
esixen a convivencia social e a compensación
do traballo diario, sempre con sometemento ás
disposicións oficiais. |
| b)
Organización de actos e prestación
de servizos de carácter cultural. |
| c)
Promoción e práctica da cultura
física e o deporte. |
| d)
Colaboración cos Organismos oficiais na
prestación de servizos dedicados á atracción
do turismo, na organización de festexos públicos,
actos benéficos e todo aquilo que redunde en
beneficio da comunidade. |
| e)
Fomentar a integración social prestando
especial atención á participación
daquelas persoas con necesidades especiais, maiores,
minusválidos ou en situación de precariedade.
|
| f)
Calquera outros fins subsumibles dentro do carácter
cultural, deportivo, recreativo, benéfico e de
cooperación social que caracteriza á asociación,
sempre que se aproben polos órganos de goberno
desta, dentro do ámbito das súas respectivas
atribucións. |