Dentro
desta concesión, o Liceo Casino construirá o
novo Porto Deportivo da cidade, cunha capacidade para 513
amarres de todo tipo de esloras.
O proxecto tamén inclúe a nova sede social
da entidade, que abranguerá un pavillón multiúsos,
piscina, ximnasio, spa, pista de pádel, restaurantes,
salóns sociais, aparcadoiro, gardaría, etc.
A todas estas infraestruturas hai que engadir a posta en
funcionamento do Centro de Tecnificación de Vela,
que se sitúa na zona do Cavadelo, xusto ao lado da
nova concesión do Liceo Casino, no que a entidade
terá presenza no apartado de escola, por ser o Club
de vela de Vilagarcía.
|