Inicio Entidade Instalacións Seccións Novas Eventos Onde estamos Contactar
Entidade
MISIÓN E VISIÓN DA SOCIEDADE
Para lograr a nosa misión é imprescindible que a estratexia e o equipo humano da sociedade teñan como seus uns valores que permitan alcanzala de forma sólida, cunhas normas que dirixan a nosa actividade diaria e que definan o noso carácter de cara á sociedade que nos rodea:
• Éticos: o compromiso, a honestidade e a esixencia. Debemos recoñecer tanto os nosos éxitos coma os nosos erros, e actuar demostrando equidade, xustiza e rectitude.
• Sociais: orientación ao socio, e a toda a sociedade vilagarciana, con conciencia de servizo, anticipándonos ás necesidades da sociedade e involucrándonos activamente coa nosa cidade.
• Cualitativos: fomentar un ambiente creativo e dinámico, onde todos participemos activamente para alcanzar a nosa visión. En resumo, orientación comercial e a resultados, actitude proactiva, dinamismo, creatividade, iniciativa e delegación responsable.
• De Coñecemento: buscar a excelencia no desempeño do noso traballo, investindo no noso desenvolvemento, a través de formación continua e fomentando unha visión xeral da entidade.
• De Comunicación: fomentar unha comunicación transparente e aberta dentro de cada área, entre todos e con todos.
• Personalizados: estar orgullosos de pertencer á nosa sociedade, e colaborar de xeito entusiasta para conseguir os obxectivos comúns
Calendario de eventos e
competicións
Como facerse
socio
Como chegar PATROCINADORES
Inicio Entidade Instalacións Seccións Novas Eventos Onde estamos Contactar