| Está claro que unha sociedade
dedicada ao ocio como esta sufriu ao longo dos anos os lóxicos
procesos de cambio que permiten a súa supervivencia
e que fan que os seus servizos estean actualizados á
demanda do día a día.
Neste sentido, a entidade levou a cabo nos últimos
anos un proceso de profesionalización co obxectivo
de que as súas actividades teñan a calidade
e o rigor necesarios, e de ofrecer cada día máis
actividades aos seus socios e á sociedade vilagarciana
en xeral. E este proceso foi especialmente importante na
sección de vela, dotándose dos mellores profesionais
e do material que permite facer accesible este deporte a
calquera cidadán de Vilagarcía que queira
practicalo.
O afán de profesionalización, de calidade
e esixencia permitiu que a sociedade conte cun xestor profesional,
e que as súas actividades sexan organizadas por profesionais
especializados en cada actividade, o que permite que estas
non dependan das benevolencias da dedicación altruísta
dos seus directivos ou colaboradores, senón que estean
organizadas como calquera empresa de servizos que busca
a maior satisfacción dos seus clientes.
|