| En Vilagarcía viuse
a necesidade de crear unha sociedade na que se recollese
a afición ó mar, polo que o 7 de xullo
de 1951 nace o Club de Mar.
Ó principio o seu edificio social levábase
a cabo nos mesmos espazos deportivos e as Xuntas Directivas
celebrábanse en dúas habitacións
alugadas. Polo tanto o socio que se inscribise tan
so participaba nas competicións nas que estivese
involucrado.
Os seus ingresos reducíanse a 900 pesetas
mensuais xa que a cuota que os socios pagaban era
de 8 pesetas mensuais e de 2 pesetas os infantís.
Cada vez máis o auxe do Club foi aumentando
grazas o entusiasmo e afición da xente.
|