| Foi fundado en 1904 por un
grupo de homes compoñentes da Peña Pureza
de Antelo. Ata 1954 a sociedade denominouse “Recreo
Liceo”, da cal D. Ricardo Costa Calvo foi o seu
primeiro presidente.
Nun principio a sociedade sitúase na rúa
Ramón e Cajal nº 4, no piso alto, xa que
no baixo encontrábase o café Inglés
onde o Liceo celebrou os seus primeiros bailes sociais
e de carnavais. En 1914 trasládase os locais
que actualmente ocupa o R.C. de Regatas. Pouco despois
mudouse a rúa Edelmiro Trillo nº1, onde
tivo a súa época dourada xa que aquí
conmemorou as súas mellores festas. En 1964
compran a finca da Praza Juan XXIII nº1, onde
se construiu un Pabellón Deportivo e un Auditorio
con capacidade para 230 persoas.
|